Pechei os ollos e imaxinei... o volume da miña pel enchendo os regos das súas pegadas dixitais, namentras me apretaba as carnes. Unhas carnes nunca penetradas ata aquel lúbrico intre.
Unha pracenteira dor elevoume a calor das meixelas, afundidas na almofada, ata a derradeira chuzada.
Foi entón cando ela se ergueu, e con ollada fachendosa, acariñou o seu fálico arnés de látex cunha man e o meu cárnico falo coa outra.