Saíu da ducha enchoupada e entrou na habitación núa, ao tempo dúas pingas suicidas comezaron unha perigosa carreira escorregando polo seu lombo. Deu a volta e miroume en fite
–Que miras?- dixo mentres viña cara min.
Eu non dixen nada e espeteille un bico na pube húmida, tróuxena cara a min e guindeina na a cama, ela ría.