Dez e vinteoito da mañá. Tes unha mirada extrañísima, fermosísima, grisácea. O condutor do autobús frea brusco inesperadamente e case caes contra min.
Esa bolsa de deporte non fai xogo coa túa minisaia.
Tes as pernas fermosas, delgadas, envoltas en legins e as botas de tacón brancas. Un espasmo lésbico vaime crecendo polo ventre abaixoadentro.
Esta noite escribireite nun verso.