Volver a Vieiros

O Campo da Leña

Enviado por subela o día 15.04.2009

Eramos adolescentes e viviamos quentes. As tardes pasabámolas no Campo da Leña a nos meter coas rapazas que pasaban.
-Cando queiras meréndoche a crica!
-Vés comigo até o Campo da Rata?
Un día apareceu Sabela, unha moza maior ca nós, estabamos cheos de asexala mentres se bicaba cos mozos. Sentou enfronte e a saia refuciu soa. Ao se escarranchar para pórse máis cómoda, vimos o día, ficamos coa boca aberta ao tempo que viamos a nosa primeira cona, apenas durou un minuto antes de que ela se decatase. Ergueuse sen moita presa e mirou para nos cun sorriso, ao pasar ao noso carón espetounos:
-Póñenvos o prato diante e deixades que arrefríe a comida, veña para a casa a facer unha pera.

2,88/5 (17 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede