Volver a Vieiros

Santa paixón

Enviado por Emacc o día 09.04.2009

O silencio enfervorecido das rúas rompíase tan só polos tambores e as ocasionais cornetas que parecían marcar o ritmo dos golpes da miña cadeira, dos seus xemidos. Na penumbra do portal o saión de penitente trataba de ocultar o seu cu, libre de pantalóns e de bragas que ela baixara ás presas ata os nocellos. Eu, excitado, non podía deixar de miralo, imaxinando, baixo a túnica, a veluda espalda e os peitos que ás veces atinaba a tocar e que eran flaxelador polo gran crucifixo.
A paixón durou uns minutos, e de contado ela volveu disimuladamente á longa fila de encarapuchados, ca súa túnica que lucía ós meus ollos a evidencia do pecado, unha pequena mancha da miña semente nas costas.

2,88/5 (17 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede