Volver a Vieiros

O Cuco

Enviado por guilhu o día 08.04.2009

Acordei e o reloxo do cuarto de estar cucou media hora que non souben de que parte da noite era. Achegueime a ela procurando a morneza do seu corpo e achei un forno roxado para recibir o molete. Indisposto para enfornar resistinme por ver de arrepoñerme. Cando me decatei xa tiña os seus calcañares turrando polas miñas nádegas. Non tiña escapatoria. Con voz, por min descoñecida, díxome:
-Dalle rubito, dalle!.
Chegamos a destino sincronizados.
Pasaron máis de nove meses e lémbrome de aquela noite mentres agardo no rexistro, para dar de alta como miña, a filla moral do Gaioso.

1,17/5 (6 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede