Escribolle que se toque os peitos, a húmida entreperna, que eu non podo máis, que sinto que podo atravesa-la pantalla ata ela ca cousa dura, palpitante, que teño na man. Ela escribe un xemido e pídeme o teléfono.
Non tarda en chamar. Descolgo. Do outro lado sons empapados, quentes, de muller. Tan só xemidos que ós poucos fanse máis intensos e rápidos. Entón ela berra forte, agudo, unha e outra vez, máis, máis forte e eu tamén, pausado, profundo: por un momento non hai teléfono entre nos. Miña man sente fluidos mornos e intúo os dela nos seus dedos aínda agochados e nas sabas. Sinto a súa respiración axitada no meu oido e de súpeto ela colga.
Entón leo “Mañá tamén conectarei”