Sempre souben que a excitación era unha reacción química, unha fórmula mental. Primeiro un desexo... logo un efecto... a pel sensibilízase, os músculos contráense, as pupilas entran en midríase , o corazón en taquicardia e a respiración en taquipnea... producindo un ocaso sensitivo... e ao día seguinte, érgueste para tomar un café.