A punta da súa lingua paseuse polo corpo enteiro, espido. Un tremer de follas de outono acomodouse no seu sexo limpo e quente e quedou estancado nel. Ela mirábao dende o brilo dos seus ollos de meiga, agardaba con ansiedade que por fin se comprise o feitizo. Quería matalo. O veleno orgásmico da súa lingua conseguiu o infarto. Púxose a saia e a camisa, saíu a rúa e foi en busca dunha presa máis nova, máis doce, que a matase a ela co pracer do orgasmo infinito que ela nunca chegou a alcanzar.