Deixei a pipa sobre a mesa, estaba quente, e o fume da cazoleta foi clarexando ata que do seu interior saíu unha muller.
Unha muller aberta, de pernas finas e longas, de cadeiras largas e suaves peitos, na que o rosa da carne contrastaba co balbordo venusiano do seu arredor.
Quixen recollela coas miñas mans, e o fume esvaeceuse.
Seguín fumando toda a tarde, pero do fume non volveu saír nada, só fume