Volver a Vieiros

Nu

Enviado por quenindiola o día 28.03.2009

E de súpeto, entre toda aquela xente, ollou para min. Fixamente.

Mantivo os ollos firmes e non mirei nin escoitei máis nada. Nin as luces nin a música. Non sei que me quería...

Pouco podía facer eu excepto retirar o meu ollar ou mantelo fixo no seu coa maior enteireza que me fose posible.

Alí estaban os seus ollos e mailos meus. Non vos había outra cousa. Pero non fun quen de continuar.

Non sei se alguén de vós estivo algunha vez tan nu en público.

2,73/5 (26 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede