Volver a Vieiros

Chegaron de alén do mar

Enviado por Arroaz o día 27.03.2009

Atopáronme bañándome de corpo espido nas augas da fonte. Bateron na auga. Un era louro, o outro rubio. Botáronme unha ollada estraña e sorriron dun xeito pérfido.
Abríronme a boca e fixéronme comer das súas gordas androllas viquingas; unha, a outra, as dúas á vez!
Seica a eles lles gustou tamén o produto galego, pois eles tamén comeron gostosos...
Mais dixeron que se quería máis, tería que ir con eles ao seu país.
Deixamos atrás as Torres do Oeste e, montados no seu langskip, adentrámonos na salvaxe estrada do cisne.
E aquí me teñen, comendo decote nas saborosas androllas norueguesas, mentres eu lles sirvo en troques diso, picante chourizo galego.

2,8/5 (20 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede