É imposíbel que un home que ten un pene do tamaño dun hipopótamo non se dese conta del cada vez que lle xurdía a oportunidade de contemplarse diante dun espello. A pura verdade é que o meu doutor de familia tivera serias dificultades á hora de aceptarme coma paciente, coma o paciente penoso que desde a infancia estaba destinado a ser. A xente á que lle importaba, é dicir, ás mulleres, aceptábanme tal e como era, e iso facíame carecer de toda motivación para adelgazar o pene os oitenta quilos que o doutor me recomendara. A sociedade das mulleres entre as que me movía, vivían obsesionadas por ter un home cun pene gordo, bronceado e escultural. Iso é todo.