É unha putada que non che gusten as vacacións planificadas, porque eu xa teño en mente que este xoves e venres santo vai sobrar a paixón, que o sábado de gloria será glorioso e que o domingo de resurrección eu andarei tola por morrer un pouco máis entre os teus brazos.
Pero vaia, ainda acaba de pasar o entroido, e algo me di que non serei quen de aturar corenta días sen carne.