Noite de luar, xardín dos namorados.
-Quen me dera tocala!- dixo ela, sinalando a lúa.
-Iso está feito, nena!- respondeu el, con xesto enérxico.
Levou a man da amada ao vulto do paquete.
-Frota, frota seguido e sen medo- animouna con voz rexa.
-Así?-preguntou ela, menos sorprendida ca entusiasmada.
En menos dun minuto a miñoca derivou en vergallo; aos dous, o vergallo fíxose mastro; aos cinco, era xa un xigantesco estadullo, un poste de aeroxerador eólico. Cando a erección ultrapasou todas as barreiras da lóxica, el, con voz entrecortada, exclamou:
-Veña, ruliña, monta! Directa ás estrelas!