Viúva de 22 anos no ano 23,Nélida achou que as saias negras de home casado con Cristo de don Leandro combinaban ben coas súas saias negras de viúva de Xesús o Moinante. E achou que a mesa de sancristía por onde desfilaban freguesas piadosas e cativos da doutrina era a tal para recibir (sentada ela, el de pé) aquela fermosa obra de Deus que apuntaba ao mesmísimo ceo. E por achar, achou que don Leandro nunca comungara tan a gusto como cando as hostias, ao caer do andel co abaneo, se lle apegaron ás tetas duras coma as da Dolorosa do altar maior.