Volver a Vieiros

Badaladas de gloria

Enviado por Arroaz o día 22.03.2009

Frío... Cando acordo o teu corpo espido saíndo da ducha, o teu pelo louro,... o brillo feiticeiro dos teus ollos azuis, os teus beizos carnosos xogando coas miñas mamilas, facéndome estremecer de pracer.
E como gozo vendo o teu peito peludo, o bosque mesto da túa pube loura, triángulo do meu desexo e da miña perdición; esas nádegas que se me antolla trabar suavemente, o teu badalo pendurado no ar, e cando rozas o meu corpo con esa chibiña que me tes...
E ai cando sinto o teu corpo contra o meu! E o bater das bólas saltonas!
Frío... O lubricante na miña landra. As miñas mans tórnanse a túa boca húmida, e o meu corpo dá en tremer.

2,42/5 (12 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede