Meu home, meu home preferíbel. Desleixa Lorca e Walt Whitman e louva a Torre e o Maligno. Faille a este edificio casaca de vime e vida, teito de palla de compartir.
Dálle a min todo unha cronoloxía fugaz de pedra pómez e pon hedreira de cuspe ao máis irto de min.
- Temo a Serpe, meu home, temo a Serpe!- dis.
- É o intre - direiche - da moita luz.
Consulta o tempo nas xeometrías do sol apostadas no meu sorrir en ti, ábrete, ábrete, fiestra e vulcán, dispón da túa infancia nostálxica e chorosa dacabalo na direción de Safo, da Morte, da Hora de Durmir.