Xa ao marxe quedou a roupa
Ao marxe quedaron os bicos
O amor dondo inútil
Ao marxe
Dun labirinto difícil
Fóra das nosas rexións.
Ao marxe
Desta páxina escrita onte
Mudaron as consciencias
E ficou só o que tiña que prevalecer
O que con v comeza
Nun prístino lavio abrasador.
Xa ao marxe quedou a cibilización
Fóra do noso axexo selvático.
E tamén ao marxe
Displicente de pracer
A antiga concepción
Da madamme sans merci.
No barrio afastado no que havito
(Havitualmente salívica)
Non se rexeita nada
Non se despreza xogo ningún
Máxime se a suor é unha das súas regras.