Volver a Vieiros

Quérome

Enviado por tebra o día 12.03.2009

Non son a típica cachonda, pero espida e con luz tenue véxome, modestia á parte, a muller máis apetecible do mundo. E se cadra algo debo de ter de lesbiana porque sempre que me masturbo penso que estou fodendo noutra muller, nunha versión idealizada de min mesma. Case nunca imaxino que me foden; son eu a que saio de min para foderme fregando amodiño o clítoris. O dedo sobriño éme ideal para pequenas escapadas pola cona arriba, pero sen perder de vista o verdadeiro centro do pracer. Deséxome, quérome ata estarrecer, ata estoupar de gozo coa vulva bicándome os dedos. Aum. Quedei nova. Non hai nada como a autoestima.

2,67/5 (46 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede