amen
Dende a cama olleite, onte. Acobadada na fiestra, ao sol de marzo. Escomencei a ser Océano, vendo o que tÍ me amosabas, miña Costa da Morte, miña rocha fendida.
Carme! Berrei coma onda erguida. Revirache a testa, revirache os ollos. o teu sorrir invitoume ao temporal. Fun coma Atlántico bravo, guiado pola Fisterra do meu corpo, cubrín a rocha, fun praia na tua area, fumos a costa toda, Carme.
Hoxe non estás, corro e corro cara ou mar, tolo, sen folgos xa. Miña rocha, miña Costa da Morte ei atoparte alá. Carme.
Amén.