Volver a Vieiros

Roi na lúa

Enviado por saladina o día 09.03.2008

Cando Armstrong pisou a lúa, Roi xa estaba alí: a súa ascensión producírase logo de que Ana lle ofrecese os peitos aerostáticos e dese en se ensamblar con milimétrica paixón no seu sexo empoleirado. A voracidade da súa vaxina tiña algo de ventosa e Roi baleirábase por dentro e entraba nun ingrávido pracer que lle facía perder pé. Por iso, cando Amstrong pisou a lúa, viu alí a Roi, espido e aínda empalmado, fumando un Sombra, exhibindo esa chulería adolescente que queda logo do primeiro encontro.

2,8/5 (25 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede