Ti xa estás tras do mostrador. Achégome. Reparas nos meus seos que te convidan a me facer unha transacción.Ollas pra min con malicia. Bótome máis contra adiante mentres conta-los billetes de cincocentos e creo albiscar entre os vaqueiros o falo que sube como as accións de Endesa. Non estaría de máis chuchar nel ata que te decidises a me xestionar un coito astronómico na caixa forte. Pola capeleira habíate levar eu para arranxarmos unha foda entre millóns de euros. Saio. Conto os cartos por riba. Unha nota: Foderíate enteira.