Odio os mandilóns! Parécenme cutres, serviles e de vellas. Odio fregar pratos! Non aturo rascar olas. Pero cando estou desesperada, desvístome e quedo so coas bragas baixo o mandilón.
Abro o grifo da cociña, mollo as mans e frego e frego ate que el se achega silencioso e empeza a palparme forte. Os seus dedos amásanme as tetas e o cu namentras eu mollo vasos e lle digo que pare.
Noto o tolete de pedra preméndome as nádegas. Eu frego pratos e el frega a miña cona, ate que o ruido dos cristais rotos marcan o tempo da desfeita.