Andaba envergallado non por tediosas escenas de sexo ximnástico, senón por aquel lume cinematográfico da caluga de Claudia Cardinale co cabelo negro recollido de tal xeito que permitía albiscar unha lixeira sombra de penuxe na lenísima fontela onde o pescozo clama un bico suavemente húmido de orballo e cereixa.