Volver a Vieiros

Da leal infidelidade

Enviado por Talieiro o día 05.03.2008

Nada me evade despois de ti. Quizais soñar un atardecer de Amandi escoitando “A Love Supreme” ou abrazar a alma dun fado lisboeta nun café perdido.
Pero quero que saibas que logo de ti, ninguén. Que as madrugadas do amante son só treboadas de carne en lúgubres pubs de estrada. Eu só, xemendo imaxes coas pálpebras. Barra americana e Coltrane.
A nada, dos meus amores, a nada. Que todos son ruído de fervenza na pel, vento de nordeste que se afoga no cego leito da felicidade.
Amor, tanto prefiro a túa compaña que non sei renunciar ao pracer.

2,39/5 (18 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede