A fodida non ocorreu até o tempo de desconto, cando o cansazo e o licor café mudaron en virguería e o amencer permitiu intuír o desenlace: as mans escartaron nas partes cunha teima repetitiva; a caluga revirouse convulsa; os labios espallaron as súas babuxas coma caracois; as dedas xelatináronse; as axilas perderon o desodorizante; a gorxa secou; as pencas brincaron; os xeonllos… nada sentín nos xeonllos, mais as coxas lambidas fixéronme sorrir de imbecilidade; as pálpebras vagalumearon; o embigo rebentou; o lombo, ah! Canto sufriu o lombo!