Viaxaba en Lufthansa. Non lle quitaba o ollo de enriba a aquela azafata teutona; ela decatábase, pero iba ao seu. Cando cheguei ao hotel era noite pecha. Xa no leito, tiven un estraño soño. Perseguíame un pube loiro e eu fuxía del ata que finalmente o encarei e lle clavei o meu vector no medio e medio da súa regaña. Entón espertoume unha delicia húmida baixando pola entreperna. Condenada de azafata!...De sócato sentín unha lingua saxona no ouvido e tamén na pel. Xireime... Ca-ra-llo! Era ela en persoa. Como foi quen de chegar ao meu leito?