Volver a Vieiros

merenda

Enviado por begi o día 03.03.2008

esperto coa roupa toda posta e moito alcol en sangue. abro primeiro un ollo, despois o outro. non sei ben onde estou. ao meu carón, ti. o pelo todo revolto, morna. comezo a quitar de vagar. as medias. a saia. o xersei que afoga. a chambra. quedo cunha roupa interior cativa, que che anubra a vista. un par de movementos que me deixan sen nada. teño fame. a neveira baleira e toda a roupa ciscada polo chan. a merenda está a dous centímetros de min. xusto por baixo do teu ventre

2,88/5 (49 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede