Volver a Vieiros

POLA MIÑA CONTA

Enviado por xm2008 o día 02.03.2008

Estábame tratando ben pero eu non respondía. Devecía por facelo, iso si, pero a orde de arrinque non chegaba. Coma case sempre nos meses derradeiros. Sentín logo os beizos (semellaban grosos), a lingua (tan áxil), o padal (coma un ceo protector), sentinos nun ir e vir de húmida habelencia, e nada. Decidín entón actuar pola miña conta. Se non chegaban pulos dende arriba, que non chegasen, alí estaba eu, con todo ao aire, e era de min de quen se agardaba a hipertensión e o estoupido. Busquei forzas na memoria da pel e dixen aí vou como lembraba.

1,92/5 (12 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede