Volver a Vieiros

Dos espartos ensarillados

Enviado por garelio o día 28.02.2008

É a maxia do descenso, é a procura das curvas minguantes, é a túa cadeira a enrugarse cos tons dourados. Arrentes sinto un bico que non arrepía, contundente como o pelouro esgazando o escaparate. E ti alentas, semellas extenuada cando miras, cando falas desa carga mentres me entreteño no doce enredo polo labirinto dos negros espartos ensarillados. Quero verte ensimesmada, quero que teñas o que agardas...Todo será agardar a madrugada.

1,87/5 (15 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede