Cos nosos corpos aínda unidos, logo do sismo orgásmico que os sacudiu, devezo por comezar de novo ese camiño de non retorno. Bicos, roces, aloumiños nas miñas coxas, dan paso a un estado de tolemia transitoria. Succión dos meus beizos na túa erecta virilidade. O son das sabas, remexidas polos nosos corpos frenéticos, acoplándose. O compás dos nosos bicos e respiracións entrecortadas. As notas agudas dos nosos xemidos, que suben de ton sen control. Suor, calor, excitación, humidade, lume.A derradeira sacudida. Despois, a calma.