Lembro os teus ollos azuis no retrovisor. Non me importaban as mesquitas nin o Museo de Antigüidades. Só debecía por acariñar o teu sexo. Ao teu carón, mentres todos sacaban fotos eu cumprín o meu desexo, e o retrovisor devolveume unha ollada azul e suplicante. Eles percorrían o barrio copto e eu daba conta do teu zume sagrado. As verbas non podían axudarnos e tampouco había tempo abondo. A rixidez do teu corpo lembrábame a solemnidade dos relevos dos teus antepasados. Ao poñer as túas mans e a túa boca no meu peito os deuses falaron.