Estás só… pecho a porta… apreixote… non quero que foxas… desesperada busco a túa boca para sentir o teu alento dentro da miña… os teus beizos achéganse suavemente aos meus mentres retiras a miña roupa para aloumiñar cada milímetro do meu corpo… eu tamén te ispo… a túa pel está húmida e quente… coa miña lingua percorro o teu pescozo, o teu peito, as túas inguas… coas túas mans separas as miñas pernas… vagaroso introdúceste en min… empuxas até facerme xemer de pracer, o meu corpo trema, o teu cheiro enlouquéceme… murmúro no teu oído: cómeme…