Espina dende abaixo e deixeille a roupa toda enredada na testa. Biqueille nas plantas dos pes, nas palmas das man e nas fosas nasáis. Quixo morder onde a rata do cura e pedínlle que utilizase os cóbados como esixencia de guión; tarefa dura. Chamárona os pais e acompañeina ata a parada do bus, dinlle a volta e despedinme cun bico no cu.
A xente miroume coma se estivese chalado. Sabía que non podía ser o mellor, así que quixen ser o máis raro.