Volver a Vieiros

Tremores rumorosos

Enviado por Trueba o día 21.02.2008

Sabíame soa naquel xardín pacego. O meu anfitrión marchara á vila. Deiteime espida na beira do estanque dos cisnes. O latexo íntimo respondía a unha certeza. El, a volta, vaime cachar coas coxas espalladas, quecida polos sabios aloumiños propios. Deixará caer as bolsas da compra. Achegarase silandeiro. Eu sentirei as súas pegadas na herba e por fin o seu ollar nos meus tremores. Que se farán máis, aínda máis puxantes e rumorosos. Ao cabo, a pesar da súa verga enarborada, darame igual que nin siquera me roce. Ou non. ¿Andarei tan sobrada?

2,18/5 (11 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede