Quero que mo fagas outra vez. Penétrame co teu ollar. Íspeme cos teus dentes. Lámbeme con esa túa lingua galega. Pero faimo tamén con todas as linguas que aprendiches: catalá, m'agrada molt, vasca, ñaka egin, francesa, Je t'aime, rusa, Я люблю, portuguesa, tudo óptimo, grega, &p1;ολÏ? καλά, italiana, mi piace... e até o esperanto, aaaaaaah!
Tócama outra vez, Sam. Tócama como só ti sabes. Como fixeches aquela vez. Méteme as linguas até o fondo do meu maxín. Non sei por que, pero sempre che me gustou o plurilingüísmo.