-Teño que marchar -díxenche.
Querías durmir. Despois biqueiche o pescozo e erguinme para me vestir. Entón espertaches e saltaches na cama. Amarráchesme por detrás. Collín folgos, pero aínda tiña o sabor dos .
No corredor as miñas mans atoparon os teus peitos, pequenos e redondos coma as ameixas da eira. Polas escaleiras abaixo, as túas mans xa se aferraran ao meu caxato. Bicámonos en cada chanzo e non tiñamos présa.
Ao final marchamos os dous.