Chuchaba as súas nádegas, a regaña co seu arrecendo cálido até chegar a flor enguruñada, lambín con suavidade ao sentir os pudores de encollerse sobre sí coma un mexón- anémona do mar- os meus beixos estaban a relaxala, todo o seu corpo se liberaba, gozaba do intre. Todo ía de marabilla no mutuo aperitivo para goces maiores, cando a ela se lle soltou un peido sobre o meu nariz: asusteime, ela reíuse, sen dicir palabra, quedei cortado ante o incidente metereolóxico, seguín un pouco. Odorizado e deserotizado funme coa música outra parte.