Aquela rapaza loira paseaba soa pola praia case deserta, totalmente ispida e transparente.
Nós estabamos ao noso, alleos a canto pasaba ao redor. O teu corpo escintilaba coa suor e a fogaxe e ela parou a mirarnos coa ollada limpa e a boca entreaberta. Refreguei un pouco máis de crema polas túas costas e xoguei coas nádegas núas.
Cando me decatei ela xa escorregaba polo medio dos dous.