Volver a Vieiros

Autovía

Enviado por Aquelarre o día 18.02.2008

Viñamos pola autovía no teu coche, eu dun curso e ti de traballar. Eras un home serio, maior, ofrecéraste a levarme. Falamos pouco e coa música e o sono empezaban a pechárseme os ollos.
Sen máis a túa man soltou o volante e comezou a acariciarme lenemente as coxas. Abrinas a modo para permitir o paso ata o meu centro. Mollei os teus dedos e a pel do asento dianteiro, berrei cando as sacudidas me acometeron pouco antes de chegarmos á peaxe.
Foron os 50 Km máis abraiantes da miña vida.

Admiro a túa pericia conducindo cunha soa man.

2,7/5 (27 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede