Lembro o teu ulido, ese sabor teu que recente levo nos beizos e no padal, os teus zumes aínda esvarando pola comisura da boca.Quero retelo nas mans o resto do día coa se aínda te tivese, emporcallarme coa túa polpa madura, gorentosa e palpitante. Lamberte e engulirte ata morrer dunha enchente de ti, pechar os ollos e abandoarme ao pracer supremo.
Porque te soño, porque devezo por ti e porque o médico me aconsellou tomar moita vitamina.