Volver a Vieiros

Realismo

Enviado por xm2008 o día 18.02.2008

Non hai nada máis surrealista que un bo coito, dixeches, e, pouco despois, mentres cabalgabas con ímpeto sobre min, collíches a navalla de barbear que descansaba, coma un agoiro chejoviano, enriba da mesiña de noite e pasáchela paseniño pola única pupila que che quedaba con vida. Eu pechei os ollos coma sempre e xurei que non os ía abrir nunca máis. Até agora vou cumprindo, e así andamos os dous, ás apalpadas, podres á fin de realismo.

2,53/5 (15 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede