A súa boca e o seu alento queimábanme no seu percorrido, os meus peitos inchados afiaron os pezóns co roce dos dentes mordiscando lenemente. Íame espindo sen presa, eu deixábao facer, deixábame levar, gustábame o camiño que estabamos percorrendo. Enzoufoume de aceite perfumado masaxeándome as costas ata onde perden o nome e aí cos seus dedos foime afrouxando os músculos. Para cando me penetrou xa estaba totalmente licuada máis inda foi quen de lamerme a ferida para calmar os meus espasmos.