Esperto canso,invisto en café,a radio canta novas,almorzo,imaxínote diúrna,chámote,douche o enderezo. Calas cando entras,mírote dende o sofá,non dis nin bos días,dásme as costas,ergues a saia deixando caer a roupa interior ate os nocellos,roupa liberada cun lixeiro movemento do pe. Séntaste enriba miña,nótote húmida e onomatopeica,fódesme movéndote en dirección directamente proporcional ao teu orgasmo,as miñas mans teñen debilidade polos teus peitos, córreste e fas que me corra, bícasme na fronte, marchas ao traballo.