Está a miañar, aló no outro lado da habitación, como gata a ofrecer o seu corpo a quen saiba o que facer con el. Sen mais, incorpórase e regálame a oportunidade de concentrarme no seu andar, dunha pretendida e fermosamente acentuada cadenciosidade, mentres unha mínima perla esvara, brillante e salgada, dende o seu ben repenicado embigo en direción ao roibo e fragante bosque da pube.
Cando chega onda min, miaño –eu tamén- tenramente, ben pretiño da súa orella; e doulle a bicar os meus peitos.