Vina ao fondo, na facultade de Belas Artes, mentres eu pousaba para o grupo de debuxo de 2º. Levaba unhas medias negras e unha minisaia gris que mostraba moito (e insinuaba aínda máis). A camiseta, ben cinguida e escotada, marcáballe o peito e permitía enxergar as tiras do sostén de cores (pobabelmente un agasallo que alguén lle mercara en Woman Secret). A rapaza tiña un aquel que a facía moi atractiva. Ficamos soas na clase. Miroume as mamilas, sorriu, botouse a min e bicoume enteiriña. Unha hora despois saímos da facultade collidas da man.