Volver a Vieiros

[...]

Enviado por opia o día 11.03.2008

Ela captura. Un punto. Dous. Tres. Ela captura os puntos suspensivos deste texto que dirá nada. Que nada dirá dela. E que nada dirá dela. Recibindo cada punto como unha ofrenda de gravidade e de gracia. Entre os pezóns e a saliva. Entre as xemas e a suor. Cada punto coma o punto palpitante dun signo de admiración. Dun signo de interrogación. Con tal suspensión, con tal puntería que a lingua non descansa no padal. En carne viva, os puntos suspensivos rodan, rodan, rodan por esta páxina ata as túas meniñas e unha vez alí...unha vez alí...

2/5 (3 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede