Volver a Vieiros

Ai, condenada

Enviado por beto o día 10.03.2008

Ollos conspiradores, man inqueda na morna entrefreba, e o laio do consentimento esvarando dos beizos escintilantes de desexo.
Os teus peitos á procura dos meus dentes. Ata que os papos bicaron aos tomatiños nunha chuzada húmida, hermética... desencadeante dun ronsel de estalos, camiño de sorrisos bafexantes... i espertei, cos teus dedos bulindo na miña barba, e unhas sabas por lavar.

2,6/5 (5 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede