Volver a Vieiros

Interiores

Enviado por saladina o día 09.03.2008

Non sei quen é o estranxeiro, pero agardo excitada na penumbra amortecida do portal. A miña cabeza vira carnal e, de súpeto, o home entra e sinto unha suave violencia na caluga. Os seus ollos agachan un inferno. As súas mans vermellas, coma centolas, rebentan a camisa, e a súa boca severa abica as miñas mamilas furiosas. Con fidelidade canina enrédome nel como unha serpe e estremezo de ledicia cando foza no elástico da braga e me di, cos rudimentos do idioma, que quere entrar. Daquela ábrolle a porta e todo el desaparece dentro de min.

2,67/5 (12 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede